Contacto
 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas


Menu
home.gif PRINCIPAL
petitrond.gif BIBLIOTECA
petitrond.gif CARTOGRAFÍA
petitrond.gif CONTACTO
petitrond.gif IMÁGENES
petitrond.gif VIDEOS
petitrond.gif SECCIONES
petitrond.gif FOTOGRAFIAS
petitrond.gif Preguntas
petitrond.gif Sobre mi
petitrond.gif Librería Virtual
petitrond.gif Castros de Lugo
petitrond.gif Castros do Corgo
petitrond.gif Xacementos Xermade
petitrond.gif Xacementos Condado Pallares
som_themes.gif HISTORIA DA ARTE Antiguo-Medieval
som_themes.gif Arte Moderno
som_themes.gif Arte Contemporáneo
som_themes.gif TESTS de ARTE
som_themes.gif TEMAS de ARTE
som_themes.gif VOCABULARIO
hd_web.gif CARTOGRAFIA
petitrond.gif Megalitismo
petitrond.gif Pecios
petitrond.gif Plano Lugo
petitrond.gif C. Primitivo
petitrond.gif I. Bizantino
petitrond.gif Santiago catedral
network.gif MONUMENTOS
petitrond.gif Pórtico de la Gloria Nuevo contenido
petitrond.gif Capilla Sixtina
mail.gif NOTICIAS
petitrond.gif Temas
petitrond.gif Enviar
petitrond.gif Archivo
petitrond.gif Impresión
· BLOG




Sentencias
La persona que concuerda con todo lo que tu dices, o no est poniendo atencin, o se propone venderte algo.
- Bud Holiday


Efemerides
No existen efemérides para hoy

Agregar Efeméride


Tienes que visitarlas...
Enlaces en total:
Categorías: 2
Visitados en total:

Ultimos Enlaces
· 1: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 39500]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 40278]

· 3: Concello de Baralla
[Visitas: 40052]

· 4: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 40080]

· 5: Terras de Friol
[Visitas: 47051]


Lo más visitado
· 1: Terras de Friol
[Visitas: 47051]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 40278]

· 3: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 40080]

· 4: Concello de Baralla
[Visitas: 40052]

· 5: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 39500]



O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las abrirá as súas portas a finales deste ano 2009. Desde 2005 ata 2009, o investimento neste espazo alcanza os 7 millóns de euros para o que será un dos cinco eixos da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico.

San Cibrao de Las, nos concellos de San Amaro e Punxín, é o castro de maiores dimensións de Galiza e un dos máis sobranceiros da Idade de Ferro. Este xacemento converterase nun referente do patrimonio cultural galego coa construción do centro de interpretación, que albergará exposicións permanentes e temporais e medios para afondar na investigación.

O centro funcionará como a cabeceira doutras instalacións ligadas á cultura castrexa como poden ser coleccións visitables, museos e xacementos. En especial, manterá unha estreita colaboración co Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense pola relación que este tivo co xacemento de San Cibrao.

En maio concluirán as obras de terminación do centro iniciadas en 2007, cun investimento de 4,7 millóns de euros. O edificio abrangue unha superficie construída de case 3.000 metros cadrados, dos que 1.000 m2 configuran a exposición estable. Outros 300 m2 dedicaranse a exposicións temporais, co obxectivo de manter actualizados os contidos do centro e amosar as novidades que se produzan conforme avanza a investigación con novas escavacións no castro. As instalacións tamén inclúen aulas didácticas, biblioteca, fototeca, zonas de documentación, arquivo, sala de reunións e unha área de servizos, con tenda e cafetaría.

Proxecto museográfico

A Consellaría de Cultura ultima nestes momentos o programa expositivo que define os contidos que albergará o centro e as modalidades de visitas ao xacemento castrexo. O vindeiro mes sairá a concurso a contratación do proxecto museográfico, que abrangue o deseño, subministro e instalación de equipamentos culturais para o parque arqueolóxico, por un importe máximo de 1,8 millóns de euros.

O edificio funcionará como centro de interpretación da cultura castrexa no que se pretende facilitar ao visitante as claves necesarias para comprender o que esta cultura representou e representa, ao tempo que se amosan as características máis salientables do xacemento de San Cibrao de Las. O discurso expositivo estará orientado ao público xeral, con atención a diferentes niveis de idade e coñecemento.

O centro organizarase en módulos temáticos que abordarán diferentes aspectos relacionados coa cultura castrexa: a relación dos habitantes coa paisaxe, a explotación dos recursos e a base económica da comunidade, a vida cotiá, a estrutura social e as crenzas e relixión; así como o impacto que supuxo a chegada de Roma.

As visitas completaranse co percorrido polo xacemento de San Cibrao, que formará co centro de intepretación unha unidade para entender mellor a cultura castrexa. Os restos das murallas e vivendas do castro darán a coñecer a todo o público a vida nesa época, ao tempo que permiten o avance das investigacións. En total, o parque comprenderá unha superficie de máis de 25 hectáreas.

Escavacións e mantemento do castro

O xacemento castrexo é a principal razón da existencia do parque arqueolóxico. Por iso ao tempo que avanzaba o proxecto de construción do centro de interpretación, ao longo destes anos realizouse un esforzo continuado de investimentos para mellorar o estado do castro e do seu contorno.

Do ano 2005 ao 2008 investíronse 500.000 euros nestas tarefas, centradas en dous aspectos. Por unha banda incidiuse no mantemento do castro coa realización de labores de limpeza, roza e acondicionamento de itinerarios de visita. Por outra, continuáronse os traballos de investigación con novas escavacións e a consolidación arqueolóxica dos restos.

Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico

O Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las formará parte da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Trátase dun ambicioso programa para poñer en valor o patrimonio cultural de natureza arqueolóxica impulsando, simultaneamente, a súa conservación e a súa promoción social e económica. A rede estará formada por cinco centros de referencia.

Cada parque conta cun centro de interpretación especializado na súa respectiva área temática e ligado a un xacemento arqueolóxico de relevancia que permita realizar unha visita para observar a realidade dos restos. Os centros de interpretación albergarán exposicións divulgativas, restos arqueolóxicos e contarán con materiais e espazos para a realización de labores de investigación.

O parque arqueolóxico de San Cibrao de Las céntrase na cultura castrexa, e o de Campo Lameiro na arte rupestre. Estes dous serán os primeiros en abrir as súas portas. En ambos casos as obras de construción están próximas a rematar, e a montaxe expositiva estará lista antes de final de ano.

Na Costa da Morte situarase o parque dedicado á cultura megalítica. Terá un funcionamento en rede, poñendo en conexión quince xacementos megalíticos de Vimianzo, Laxe, Malpica, Zas, Mazaricos e Cabana de Bergantiños: Dolmen de Dombate, Pedra da Arca (Casa dos Mouros), Pedra da Lebre ou Serramo, Pedra Moura de Monte Carneo, Pedra Cuberta, Mina de Recesinde, Arquiña de Vilaseco, Casota de Berdoias, Rabós, Arca da Piosa, Pedra Vixía, Fornella dos Mouros, Mina da Parxubeira, Pedra da Arca e Pedra Moura.

O centro dedicado á romanización estará na cidade de Lugo. Situarase no antigo cuartel de San Fernando, onde xa comezaron as sondaxes arqueolóxicas previas, ao tempo que se redacta o proxecto construtivo. O quinto centro do proxecto será o de arqueoloxía subacuática. Situarase á beira do Museo do Mar de Vigo, e reunirá os coñecementos e a investigación sobre xacementos submarinos en Galiza. (Imaxes de San Cibrao de Las tomadas da Wikipedia)

Enviado por admin el domingo, 25 de enero a las 23:19:13 (4326 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0)

Cultura construirá un centro de acollida de visitantes aos petroglifos de Mogor

O xacemento de arte rupestre de Mogor en Marín contará a partir de 2009 cun centro de acollida de visitantes. O Consello da Xunta do martes 30 de decembro aprobará o convenio entre a Consellaría de Cultura e Deporte e o Concello de Marín para o investimento de 212.000 euros na construción deste centro e de dúas pasarelas para acceso aos petróglifos.

O obxectivo da actuación é dotar a este conxunto arqueolóxico dunhas mellores infraestruturas para a recepción de visitantes. O centro de acollida situarase no acceso fronte á estrada da praia, facilitando o ascenso ao conxunto. Será un edificio en planta baixa que albergará unha exposición informativa sobre o xacemento.

A actuación desenvolverase ao longo do vindeiro ano e completarase coa construción de dúas novas pasarelas de madeira a carón das dúas rochas con petróglifos en forma de labirinto para facilitar a súa visión, acompañadas de atrís informativos.

Estas pasarelas seguirán o modelo da plataforma que se construíu en 2007 e que serviu para mellorar a visión dos petróglifos da rocha máis grande, chamada "Pedra dos Mouros", substituíndo a unha pasarela anterior en ferro, máis agresiva co ben arqueolóxico. Os traballos desenvolvidos o ano pasado implicaron tamén a diagnose e limpeza selectiva das rochas con gravados, coa eliminación de musgos e liques.

Mostra excepcional da arte rupestre

O de Mogor é un dos máis importantes conxuntos de petróglifos, unha mostra excepcional da arte rupestre en Galicia. A Consellaría de Cultura entende que a súa posta en valor é unha importante contribución á dinamización sociocultural do patrimonio da comarca.

Con esta finalidade, os petróglifos de Mogor foron elixidos como un dos xacementos de arte rupestre incorporados ao proxecto REPPARP (Rede Europea Primeiros Poboadores e Arte Rupestre Prehistórica), que xunto con outras comunidades autónomas e socios de Portugal e Francia, é o xerme da candidatura denominada "Camiños de Arte Rupestre Prehistórica" como Itinerario Cultural Europeo. O obxectivo é promover os enclaves rupestres e xerar una oferta cultural e turística de calidade que incida no desenvolvemento sostible das comarcas nas que se atopan.

Enviado por admin el viernes, 02 de enero a las 14:05:07 (5248 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 1)

O Consello da Xunta aproba a declaración do Pazo de Meirás como Ben de Interes

O Consello da Xunta aproba hoxe o decreto polo que o Pazo de Meirás, en Sada, pasa a formar parte da listaxe de bens de interese cultural de Galiza. A súa declaración como BIC coa categoría de sitio histórico entrará en vigor a partir da publicación do decreto no DOG, e suporá outorgarlle o máximo grao de protección a este edificio do século XIX e estilo neomedieval moi ligado á figura de Emilia Pardo Bazán.

Coa aprobación do decreto polo Consello da Xunta conclúe o procedemento desenvolvido pola Consellaría de Cultura e Deporte. Os trámites iniciáronse coa solicitude do Concello de Sada, que se produciu o 9 de agosto de 2007. Para chegar á declaración de BIC houbo que superar a negativa da familia Franco, propietaria do pazo, que non permitiu a entrada dos técnicos de Patrimonio para inspeccionar o inmoble e coñecer o seu estado. A Consellaría tivo que solicitar o amparo da Xustiza, e en marzo de 2008 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu autorizar a entrada dos técnicos.

A inspección tivo lugar o 17 de abril de 2008. Unha historiadora da arte, unha arquitecta e un arqueólogo accederon ao edificio, para a continuación elaborar os informes técnicos pertinentes. Baseándose nestes informes, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural incoou o procedemento para a declaración de BIC o 1 de agosto deste ano. A partir de entón abriuse un prazo no que se presentaron 105 alegacións, que non foron estimadas. Neste tempo consultouse a tres organismos sobre a pertinencia da declaración. Tanto a Universidade de Santiago, como o Consello da Cultura Galega e a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario amosáronse favorables á consideración do Pazo de Meirás como BIC.

Coa declaración de ben de interese cultural recoñécese o seu gran valor patrimonial para Galiza, ademais de fixar unha serie de requisitos para garantir a súa conservación e a súa función social. Desde a publicación no DOG do decreto o edificio deberá abrirse ao público de forma gratuíta catro días ao mes; calquera intervención nel necesitará unha autorización previa por parte de Patrimonio; e os seus propietarios terán a obriga de coidar e preservar o inmoble.

A declaración das Torres de Meirás como BIC coa categoría de sitio histórico baséase en que "destaca tanto pola súa singularidade como pola significación cultural e simbólica que adquiriu co paso do tempo. Ningún dos edificios de estilo similar iguala ao de Meirás en dimensións, en contexto histórico, en coherencia conceptual e en calidade formal". Na decisión tívose en conta o seu valor histórico "motivado primeiramente como soar dun antigo pazo, representativo da fidalguía galega, e ademais pola relación da nova construción das Torres con Emilia Pardo Bazán, personaxe relevante pola súa grande transcendencia, tanto literaria como social".

A historia das Torres

Aínda que a parte do pasado máis coñecida do Pazo de Meirás sexa aquela na que pertenceu á familia paterna de Emilia Pardo Bazán, existen documentos nos que se dá conta da existencia dunha edificación pacega que foi incendiada no 1809 polos invasores franceses. Anos despois, en 1893, o avó da escritora reconstruíu o edificio que pasou a ser coñecido como "Granxa de Meirás", ao posteriormente lle engadirían dúas torres, feito que lle valeu o nome actual "Torres de Meirás".

Emilia Pardo Bazán xa gozaba de prestixio para cando remataron as obras no pazo, arredor de 1907, e pasaba alí moitos veráns. Feito que levou a que o inmoble se convertese en punto de referencia tanto na súa vida como na súa obra: a súa inspiración, onde redactou parte da súa obra e onde gardaba os volumes da súa biblioteca particular. Coa morte da literata, en 1921, serán os seus herdeiros quen se fagan cargo do pazo.

Co remate da Guerra Civil, a familia Franco faise coa propiedade do inmoble, aínda que ampliada a extensión mediante a adquisición das propiedades lindeiras. Baixo a familia Franco estendeuse a denominación "Pazo de Meirás" para todo o conxunto pacego e súmanse novos elementos de valor histórico-artístico de diferentes procedencias.

Interese patrimonial

O elemento máis característico da construción son as torres que lle dan nome, ao representar un exemplo singular a arquitectura de finais do século XIX e principios do XX. Comezaron a construírse en 1893 ao xeito de mansión señorial con certa tendencia medievalizante, en concreto, de estilo neorrománico. As torres, que se insiren nunha edificación principal de estilo señorial, son cadradas, ameadas e desiguais en altura.

Do resto do conxunto pacego cómpre salientar unha capela de estilo neorrománico e diversas construcións anexas ás que se lle foron engadindo elementos decorativos e etnográficos: balaustradas, fontes, escalinatas, pináculos, cruceiros, hórreos, brasóns... algúns dos cales gozan da declaración xenérica de bens de interese cultural.

Pero a beleza e grandiosidade de Meirás reside tamén na vasta extensión de bosques e xardíns que rodean o pazo. Atópase nun entorno privilexiado: nun inmenso parque limitado por un muro de cachotería e moi próximo á costa, á zona das Mariñas e da ría de Sada.

Enviado por admin el viernes, 02 de enero a las 13:56:30 (4099 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 1)

III Encontro O Sentido dos Camiños. Guitiriz (Lugo)

De las características que definen el territorio municipal de Guitiriz, una singular es su centralidad, que lo hizo lugar histórico de cruce de caminos, que las diversas culturas fueron construyendo, y un proceso sucesivo de sedimentación, no siempre consciente, y que ahora pretendemos recuperar. Desde el año 2005 celebramos un encuentro anual sobre los Caminos históricos que definimos cómo “EL SENTIDO DE LOS CAMINOS” y que pretende el reconocimiento de los caminos históricos del Ayuntamiento y de la Comarca, y la formulación de propuestas para su recuperación.

El primer año presentamos la iniciativa, y las diversas formas de comunicación presentes desde las vías romanas, las vías medievales, los caminos reales, o los ferrocarriles, así como la necesidad de un centro expositivo, que se propuso en el Castillo de Parga , centro de todos los caminos, y en muy mal estado de conservación, objetivo que se mantiene. El segundo año, con el subtítulo de los CAMINOS DE LAS AGUAS, abordamos la relación entre los caminos y los ríos, y riachuelos que forman el paisaje guitiricense, con especial referencia a los puentes, de diversas tipologías y épocas presentes en el ayuntamiento, con una propuesta de un plan director de conservación, que pueda ser desarrollado por la administración hidrográfica.

Este año, con el subtitulo LOS CAMINOS DE PIEDRA, orientamos los caminos históricos y su relación con la piedra, como material principal de su ejecución, pero también testigo de sus valores históricos a través de los puentes, firmes, miliarios, epigrafías, y demás muestras construidas. Además, en Guitiriz, contamos con uno de los más afamados granitos gallegos, el Gris Parga, exportado a todo el mundo, y con testigos de su utilización desde los tiempos prehistóricos en los numerosos monumentos de esta época, que aún hoy se encuentran junto a las canteras en explotación. El hecho de que en este ayuntamiento se trate de recursos de propiedad colectiva, a través de las Comunidades de montes, que dirigen sus rendimientos hacia la finalidad pública y comunal, aporta un marco de interés para desarrollar políticas de activación de estos recursos.

Por último, la apuesta que presentamos este año tiene que ver con un proyecto del Ayuntamiento de Guitiriz, presentado a la Consellería de Innovación e Industria, e inicialmente aprobado para la puesta en valor de los caminos históricos y el patrimonio minero del ayuntamiento. Se trata de la recuperación de una cantera abandonada de granito gris Parga como espacio patrimonial, que explique el origen de esta actividad, su conexión con los hallazgos históricos de la Zona: la Ara Conventina, el Monte Pelerín, y la vía Romana, y con los valores naturales, la propia laguna existente, el manantial, y la “ferveza” de la Ruxida. Este proyecto será debatido con los ponentes, y enriquecido con las aportaciones de todos los presentes de cara a su formulación definitiva.

PROGRAMA DEL ENCUENTRO

09:30-10:00h:  Inauguración:  
Fernando X. Blanco Álvarez.
Conselleiro de Innovación e  Industria
Regina Polín Rodríguez.
Alcaldesa del Ayuntamiento de  Guitiriz
Francisco Aréchaga . 
Presidente  Cámara Oficial Mineira de Galicia

10:00-11:00h: La Industria de la Piedra en Galicia, nuevos paradigmas
José Manuel Álvarez-Campana
Director Cámara Oficial Mineira de Galicia

11:00-12:00h: El Granito de Parga, y el papel de las comunidades de montes en la gestión de sus recursos
David Díaz Losada
Comunidad de Montes Feira de Parga

12:30-13:15h: Caminos de piedra, la construcción de los caminos
Manuel Durán
Ingeniero de Caminos

16:00-17:00h: Visita guiada Pena Xiboi origen de las canteras de Parga
Manuel Anxo López-Felpeto Gómez
Arqueólogo

17:00-17:45h: El espacio romano en Guitiriz: epigrafía y vías de comunicación
Javier Gómez Vila
Doctor en Arqueología e Historia Antigua

17:45-18:30h: Panoias Monumento pétreo singular
Antonio Rodríguez Colmenero
Catedrático de Historia Antigua de la Universidad de Santiago de Compostela

18:30-19:15h: Proyecto de cantera museo en Parga
Mario Crecente
Director Crecente Asociados

En la imagen de la derecha se puede apreciar la reproducción que un cantero de Guitiriz realizó mientras duraban las jornadas de la diosa del agua Coventina tomando como modelo la representación de la diosa que aparecía en el ara de Tito Cosconianus (RIB 1534) localizada en el fuerte del muro de Adriano de Brocolitia (Carrawburgh, Inglaterra). Recordemos que en Guitiriz (A Ruxida) también apareció un ara dedicada a esta diosa o ninfa de las aguas.

Enviado por admin el lunes, 29 de diciembre a las 16:08:39 (4723 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0)

Cultura pon en marcha a campaña "Coñece o teu patrimonio"
 A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural distribuirá en colaboración cos establecementos de hostalería, arquivos, museos e bibliotecas material didáctico en prol da importancia da conservación do patrimonio cultural galego. O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, e Juan Silva, presidente da Confederación de Empresarios da Hostalería de Galicia (CEHOSGA), presentaron esta mañá no CGAC a campaña de divulgación baixo o nome "Coñece o teu patrimonio".

A Confederación de Empresarios da Hostalería de Galicia subscribiu un acordo coa consellaría polo que uns 4.000 restaurantes distribuirán uns 400.000 salvamanteis con mensaxes en defensa do patrimonio cultural galego. Esta iniciativa, que desenvolverán durante os vindeiros meses, busca involucrar a todos os sectores da sociedade galega no compromiso coa cultura e de facer chegar esa mensaxe aos cidadáns na súa vida cotiá.

Pero ademais, dende Cultura préstase especial atención aos máis cativos, para educalos de maneira que sexan respectuosos co medio que nos rodea. De aí que a consellaría distribúa 5.000 exemplares da serie infantil "Os Bolechas". Esta vez os personaxes creados por Pepe Carreiro teñen especial interese en "Como é o noso Patrimonio Cultural". Neste caderno esbózase a historia galega dende o Neolítico ata a actualidade, cun percorrido tan amplo que abarca dende os petróglifos ata as pezas do Centro Galego de Arte Contemporánea. Nesta edición, prologada por Felipe Arias, os nenos coñecerán referencias tan sobranceiras do noso patrimonio como as mámoas de Chan de Arquiña (en Moaña), o castro de Viladonga, a muralla de Lugo, a catedral de Tui, a Torre de Hércules ou o CGAC.

Os exemplares de "Os Bolechas queren saber... como é o noso patrimonio" distribuiranse en máis de 300 bibliotecas e 12 museos: Museo das Belas Artes da Coruña, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo do Castro de Viladonga, Conxunto Etnográfico do Cebreiro, Museo Massó de Bueu, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e o Arquivo Xeral da Administración.

Implicando a todos os sectores sociais

No exercicio das súas competencias, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ten desenvolvido multitude de campañas de concienciación para todos os públicos en prol da defensa da nosa herdanza cultural.

A iniciativa máis importante foi "Mira por el", proxecto pioneiro en Galiza que buscaba a sensibilización ante as agresións contra o patrimonio. A necesidade de protexer cruceiros, catros, mámoas, fortalezas, igrexas saltou aos medios de comunicación e ata ás escolas e concellos mediante a edición de material didáctico.

Esta campaña tivo unha importantísima incidencia, véndose aumentadas as denuncias por danos patrimoniais nun 140% en 2007 con respecto ao ano anterior. Polo que o seguinte paso foron as reunións cos xuíces, fiscais e maxistrados galegos, para fortalecer o seu compromiso de loita contra estas agresións.

De forma complementaria, Cultura convocou unha liña de axudas –por valor de 300.000 euros- para rehabilitar elementos etnográficos como muíños, lavadoiros, hórreos ou cruceiros. Un total de 107 proxectos recibiron subvencións para recuperar pezas que na maioría dos casos son de propiedade privada.

Ademais de todas estas accións, Cultura tamén ten interese en inculcarlle aos máis cativos a defensa do patrimonio, polo que reforzou a súa presenza en centros escolares mediante a distribución de material didáctico e a realización de actividades coma campamentos de verán.

Enviado por admin el viernes, 12 de diciembre a las 13:22:17 (3850 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0)

98 Noticias en Total (20 Páginas, 5 Noticias por Página)
Ayúdanos con una donación


Noticias
· Vivir, amar y morir en la antigua Roma
· Javier Gómez Vila iniciará o ciclo de conferencias do Arde Lucus 2015
· Cultura no Camiño achegará actuacións a 93 concellos xacobeos
· O Día das Artes Galegas 2015 dedícaselle ao Mestre Mateo
· V Número da Revista CORGA
· Apuntes Historia de España 2 Bac
· El parque arqueológico de San Cibrao de Lás abrirá este sábado
· Un libro-disco recupera as partituras do arquivo da Catedral de Tui
· O ciclo Monumenta difunde o valor artístico do Mosteiro de Armenteira
· Os escolares coñecen a historia do Castro de Viladonga a través de visitas gui
· O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro propón actividades especiais para a Sem
· A Xunta inicia os trámites para declarar BIC a fábrica de Sargadelos
· O Museo das Peregrinacións colabora no estudo de artistas medievais
· O Certame Condado de Pallares premia un estudo sobre o mestre Mateo
· Os Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo recibe o XVII Premio Elias Valiña
· O Camiño Real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo
· Presentación dos traballos da Revista Corga
· O CAMIÑO FRANCÉS ACADA A SÚA DELIMITACIÓN OFICIAL
· Convocatoria de seis bolsas de formación en patrimonio moble
· Presentación do libro: Itinerarios Históricos de Novo Cazón e Javier Gómez
· Presentación do libro: A LINAXE FIDALGA DOS RAÑA de Novo Cazón
· Ventana arqueolóxica para o acueducto romano de Lugo
· VIII Xornadas sobre o Camiño Sur: conferencia Javier Gómez
· Desaparece el Códice Calixtino de la Catedral de Santiago
· El parque arqueológico de Campo Lameiro es ya una realidad
· Presentación da revista CORGA número 2
· Revista TEMPUS DAS LETRAS
· La destrucción de una factoría romana...
· II Exposición de traballos do Centro de estudos do Corgo
· El colgante de "Cova Eirós"


Mas Noticias!


PUBLICACIONES
Total Publicaciones: 25
Categorias: 12
Obras Consultadas: 104187
Autores: 6


Ultimas Publicaciones
 1: Apuntes Historia de España 2º bacharelato selectividade
 [Descargas: 3098]
 2: O Camiño Real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo
 [Descargas: 4938]
 3: A vía romana no concello do Corgo
 [Descargas: 4979]
 4: Miliarios e outras inscripcións do noroeste hispánico
 [Descargas: 5151]
 5: CASCOS IMPERIALES ROMANOS PROCEDENTES DE HISPANIA
 [Descargas: 4834]
 6: Caballeros y clérigos en los albores del s. XVI
 [Descargas: 4293]
 7: Focos cristianos primitivos en torno a la vía romana Lucus-Aquis
 [Descargas: 4583]
 8: Definiciones Hª del Arte 2º Bac
 [Descargas: 5778]

Lo Mas Consultado
 1: Definiciones Hª del Arte 2º Bac
 [ Hits: 5778 ]
 2: Intervencións do Encontro O Sentido dos Camiños. Guitiriz 15-16/12/06
 [ Hits: 5274 ]
 3: Miliarios e outras inscripcións do noroeste hispánico
 [ Hits: 5151 ]
 4: Vías romanas de la Provincia de Lugo
 [ Hits: 5014 ]
 5: A vía romana no concello do Corgo
 [ Hits: 4979 ]
 6: O Camiño Real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo
 [ Hits: 4938 ]
 7: CASCOS IMPERIALES ROMANOS PROCEDENTES DE HISPANIA
 [ Hits: 4834 ]
 8: La publicidad simbolizante. El arte en la publicidad impresa
 [ Hits: 4777 ]

Top Autores
· 1: Javier Gómez Vila (20)
· 2: Antonio Rodríguez Colmenero (1)
· 3: VV.AA (1)
· 4: Asociación Cultural Arumes (1)
· 5: TOMÁS VEGA AVELAIRA (1)


CARTOGRAFÍA
Total de Mapas: 15
Categorias: 15
Visitados en total: 398335

Ultimos Mapas
· 1: Xacementos Condado de Pallares
[Visitas: 17565]

· 2: Xacementos concello de Xermade
[Visitas: 17461]

· 3: Castros do concello de Lugo
[Visitas: 17701]

· 4: CASTROS DO CORGO
[Visitas: 36218]

· 5: Mapa catedral Santiago de Compostela
[Visitas: 49316]

· 6: Mapa Imperio Bizantino
[Visitas: 44142]

· 7: Mapa etapas Camino Primitivo
[Visitas: 43908]

· 8: Mapa de Xacementos Subacuáticos
[Visitas: 44366]

· 9: Mapa de Xacementos Megalíticos de Galicia declarados como BIC
[Visitas: 45707]

· 10: Vía Lugo-Braga por Ourense y Aquis Querquennis
[Visitas: 16504]


Lo mas visitado
· 1: Mapa catedral Santiago de Compostela
[Visitas: 49316]

· 2: Mapa de Xacementos Megalíticos de Galicia declarados como BIC
[Visitas: 45707]

· 3: Mapa de Xacementos Subacuáticos
[Visitas: 44366]

· 4: Mapa Imperio Bizantino
[Visitas: 44142]

· 5: Mapa etapas Camino Primitivo
[Visitas: 43908]

· 6: CASTROS DO CORGO
[Visitas: 36218]

· 7: Castros do concello de Lugo
[Visitas: 17701]

· 8: Xacementos Condado de Pallares
[Visitas: 17565]

· 9: Xacementos concello de Xermade
[Visitas: 17461]

· 10: Vía Lugo-Braga por Ourense y Aquis Querquennis
[Visitas: 16504]



El Tiempo


Videos
-- Últimas Videos --


La guerra de Cuba
- Historia -
--------
Enviado por Anonymous




Librería Virtual
1: Polos camiños da cultura. Itinerarios Histórico-Artísticos - €0.00

2: Epigrafía romana de la Provincia de Lugo - €23.99

Más artículos


Panel
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Nuke ET Copyright © 2004-2006 por Truzone.