O pasado 2 de Abril foi presentado na sala Sargadelos o primeiro número da revista CORGA. Esta publicación nace froito da iniciativa da asociación cultural Arumes e do Centro de Estudos do Corgo e pretende convertirse nunha ferramenta onde todos os interesados por esta zona do Corgo poidan dar saída as súas investigacións. Na presentación deste primeiro número estiveron presentes o vicepresidente da Deputación de Lugo Antón Bao, a xunta directiva da asociación asi como numero público. Os traballos recollidos neste exemplar son:
Mario OUTEIRO IGLESIAS.
Estudo das sepulturas antropoides altomedievais
M° Beatriz PÁRAMO IGLESIAS, Roberto RODRÍGUEZ PÁRAMO.
Jota tres estrellas
Javier GÓMEZ VILA.
A vía romana no concello do Corgo
Xosé Enrique CASANOVA SÁNCHEZ.
Fórmulas de propiedade comunal dos montes do Corgo
Laura FOUZ BACARIZA.
As cifras do concello do Corgo. Análise xeográfica
Rebeca FERNÁNDEZ ALONSO.
Ánxel Fole e o concello do Corgo
Alejandra PITA PARDO.
A microtoponimia do concello do Corgo
Se desexas contribuir cun traballo no próximo número podes facelo poñéndote en contacto co Centro de estudos do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27163. O Corgo. Lugo. ocorgo@gmail.com. http://ocorgo.blogspot.com. Pulsa en leer máis para coñecer as normas de publicación.
Idioma. Só se admite o galego como idioma vehicular da revista. Empregarase sempre a última normativa aceptada pola Real Academia Galega, aparecendo as palabras non adaptadas á mesma entre comiñas.
Extensión. Os traballos presentados terán unha extensión ou outra dependendo do número de redactores:
• 1 persoa: entre 5 e 20 páxinas.
• 2 persoas: entre 10 e 30 páxinas.
• 3 persoas: entre 15 e 40 páxinas.
Os Anexos presentados non serán publicábeis na revista e formarán parte do arquivo-biblioteca do C.E.C.
Estrutura. O artigo presentado ten que contar eos seguintes apartados:
• Título (máximo de 80 caracteres contando espazos en branco).
• Identificación do(s) autor(es) por orde de importancia ou alfabética de apelidos acompañado do correo-e dos mesmos, o título profesional e o centro de traballo.
• Agradecementos (opcional).
• Resumo (máximo de 150 palabras).
• Palabras clave (entre 3 e 10).
• Introdución/limiar.
• Corpo do traballo eos apartados que se consideren oportunos.
• Conclusións.
• Referencias bibliográficas.
Formato:
• Tipo de documento: Word (recomendase tamén entregar o mesmo documento en formato pdf).
• Letra: Arial, cor automática (negra), tamaño 12 puntos, salvo que se indique o contrario (títulos...).
• Marxes: superior, interiore lateraisde 3 cm.
• Aliñación: xustificada sen sangría na primeira liña.
• Espaciado: anterior e posterior de 0 puntos e interliñado sinxelo. Espacio entre parágrafos
• Notas a rodapé: tamaño de letra de 10 puntos.
Imaxes. O texto pode ir acompañado por ilustracións, fotos ou gráficos, sempre orixinais ou acompañados do permiso do editor ou autor para a súa publicación. Para ser impresas con calidade, deberán ter unha resolución mínima de 300 ppp. Admitiranse como formatos de imaxe TIFF ou JPG. Incluiranse no documento e en arquivos separados, indicando con claridade o lugar no que deben inserirse no texto.
Bibliografía. Clasificada por orde alfabética, axustarase ás seguintes normas:
• Monografías: APELIDO(S), Nome. Título do libro. Lugarde edición: editorial, ano de edición.
• Partes de monografías: APELIDO(S), Nome. "Título da parte". En: Responsabilidade da obra completa. Título da obra. Lugar de edición: editorial, ano de edición.
• Artigos en revistas: APELIDO(S), Nome. "Título do artigo". Título da revista. Edición. Ano, número, páxinas.
• Recursos electrónicos en internet: Responsábel principal. Título. Data de publicación. <URL> (data de acceso).
Unidades de medida. Empregarase o Sistema Internacional de Unidades (SI) e non o sistema anglosaxón de unidades.
Principios éticos e legáis. Non se publican textos con contido que promova algún tipo de discriminación social, racial, sexual ou relixiosa; nin artigos que xa fosen publicados integramente noutros lugares.
A revista non se fai cargo das imaxes, textos e traballos dos autores que serán responsábeis legáis do seu contido.
En caso de confuto legal con algún aspecto dun traballo publicado, o demandante debe demostrar de xeito fidedigno e mediante denuncia, o presunto delito ou falta.