A Asociación cultural ARUMES vai realizar unha presentación de traballos de investigación no Centro Sociocultural do Corgo cunha duración aproximada de 15-20 min. O programa de conferencias é o seguinte:
Mario OUTEIRO IGLESIAS: Estudo das sepulturas antropoides altomedievais.
Xosé Enrique CASANOVA SÁNCHEZ: Fórmulas de propiedade comunal dos montes do Corgo.
Laura FOUZ BACARIZA: As cifras do concello do Corgo. Análise xeográfica.
A presentación de traballos continuará o seguinte sábado, 24 de abril de 2010, ás 19:45 h no Centro Sociocultural do Corgo. Os traballos a presentar son:
Mº Beatriz PÁRAMO IGLESIAS e Roberto RODRÍGUEZ PÁRAMO: Jota tres estrellas.
Javier GÓMEZ VILA: A vía romana no concello do Corgo.
Rebeca FERNÁNDEZ ALONSO: Ánxel Fole e o concello do Corgo.
Alejandra PITA PARDO: A microtoponimia do concello do Corgo.