Despois de máis de trinta anos a tese de doutoramento do profesor titular da Facultade Xeografía e Historia Caamaño Gesto por fin ve a luz. Unha grata noticia para él e para outros moitos investigadores do mundo romano, como eu mesmo, que tivemos esta obra como unha referencia fundamental. Alegrámonos e felicitamos o noso ben querido profesor e, no meu caso tamén tutor do doctorado, por este excelente traballo e, tamén o director do Museo de Prehistoria de Vilalba Eduardo Ramil por ter a "osadia" de proceder a esta publicación nestos difíciles tempos de crise e de tanta obra "on line".
Sen ánimo de entrar no mundo da copia ilegal tan de moda hoxe en día a continuación reproduzo uns fragmentos do prólogo de Fernando Acuña: "Cando no ano 1976 o Profesor Caamaño Gesto defendía a súa tese de doutoramento no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, facía a presentación dun importante estudo sobre a vía mellor conservada e a que contaba con un maior número de referencias epigráficas de todas as que figuraban no Itinerario de Antonino. Ata entón, estaban os meritorios estudios de Díaz Sanjurjo, Marcelo Macías, Barros Sivelo e Blázquez, entre outros.
Naquela altura, era unha obra froito dunha minuciosa investigación tanto de gabinete como sobre o terreo (da que podo dar fe, posto que o acompañei en varias ocasións), que reflectía nidiamente o trazado da vía Nova tendo en conta o pasado e o presente, algo que moitos dos novos Investigadores esquecen xa que, sen o labor dos pioneiros, nunca poderíamos progresar no coñecemento da nosa Historia,
Encaixaba nunca época na que houbo unha gran Investigación sobre as comunicacións de época romana na Híspanla. Baste lembrar os traballos de Abasólo, Magallón, Melchor, Rabanal, Colmenero, Roldan e Sillieres, entre outros, para as zonas de Burgos, Aragón, Córdoba, León, Galicia, vía da Prata e a Híspanla Meridional, sen esquecer as importantes achegas de Arias Bonet no seu Miliario Extravagante.
Hoxe en día, nos fináis do milenio, aparece publicada polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba esta monografía, debidamente actualizada, que coidamos marcará un fito nos estudos da camiñeiría peninsular e que, desgraciadamente, no ámbito de Gallaecia non se poderá ver acompañada doutras obras desta altura sobre as vías XIX e XX.
As razóns son evidentes e a, algunhas délas, alude o autor. Cando este investiga sobre os caminos, aínda non comezaran as grandes obras públicas, a Concentración Parcelaria andaba polos seus inicios e os primitivos trazados dende os romanos ata os medievals e modernos (camino real e do francés) discorrían polos mesmos ou non distantes lugares. Agora sería impensable acometer un traballo deste tipo posto que a rede viaria antiga apenas se conserva nalgúns tramos. Fican as obras de fábrica (pontes), os miliarios, en moitos casos desprazados da súa ubicación orlxinal, (en parte por culpa da Administración), parte dos topónimos, pero xa non é o mesmo.
Ben é certo que despois deste traballo viran outros e somos coñecedores de investigadores que están neso, pero xa non se poderá acadar a análise profunda que aquí aparece polas razóns antes apuntadas.
Por isto hai que salientar a oportunidade desta publicación porque rescata unha testemuña importante do noso pasado e analiza a vía XVIII no seu tramo ourensán a través de todos aqueles elementos que permiten unha mellor definición do seu trazado.
Naturalmente que o traballo non parte de cero xa que esta vía foi unha das mais investigadas, como se pode ver ñas referencias bibliográficas, pero aproveitando o pasado e utilizando as novas técnicas e métodos da investigación, que os precursores non tiñan, púldose facer este achegamento ao seu trazado non que non só se analiza o seu descorrer, senón tamén as mansións viarias, as obras de fábrica, o entorno arqueolóxico e algo moi Importante como é a epigrafía con ela relacionada.
E neste último aspecto, compre facer notar como a vía XVIII é a que presenta a maior densidade de miliarios de todas as coñecidas en Hlspania, algo moi importante porque proporcionan informacións tanto sobre a época da súa construción como das sucesivas reparaclóns ou mesmo serve en ocaslóns para ver como se utilizan como medio de propaganda imperial.
Finalmente, só me resta expresar a miña satisfacción pola publicación desta obra que nos acerca un pouco mais ao coñecemento da antiga Gallaecia e os parabéns á Institución que acolle no seu Servizo de Publicacións a edición deste texto imprescindible ao que eu só lle poñería a pega de que mais que a vía 18 debería ser a XVIII".