Venga, ya hablo, y ya que hablo, hablo de algo, por no hablar de nada, y como hablar de nada es hablar de algo, lo que est claro es que no pienso hablar por hablar, y teniendo en cuenta que puedo decir cosas sin ms, sin ni tan siquiera hablar, ya que ms que hablar, lo que hago es escribir, no me acusen de no saber expresarme, si es que me siento incomprendido. - Abel Bri
A muralla, algo máis que un símbolo. 1744 anos abrazando Lugo
O xoves 24 de novembro, ás 20.00 h. no Salón de Plenos da Casa do Concello acolle a I cata histórica co título A muralla, algo máis que un símbolo. 1744 anos abrazando Lugo coincidindo co XVI aniversario da declaración da muralla como patrimonio da humanidade. E a continuación, entre as 21.00 e as 21.15 horas, andaina nocturna pola muralla. Punto de encontro no ascensor.
Enviado por admin el jueves, 24 de noviembre a las 09:51:28 (1061 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0)
Javier Gómez e Mar Neira gañadores do IX Premio Condado de Pallares
Javier Gómez Vila e María del Mar Neira González recibiron esta tarde o premio do IX Certame de Investigación Condado de Pallares pola obra ‘A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares’. O traballo foi galardoado na novena edición desta iniciativa impulsada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, que promove a investigación humanística en galego, arredor de ámbitos como a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, o folclore ou a lingüística.
A Casa de Cultura de Guntín acolleu esta tarde o acto de entrega, durante o que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, felicitou os autores da obra por “un traballo que os fai merecedores dun destacado galardón da nosa terra no ámbito da investigación” e que “contribúe co estudo e a posta en valor dun legado patrimonial tan valioso como a cultura castrexa e galaico romana”. “Igualmente –dixo– son contribucións importantes as numerosas obras que concorreron ao premio nesta edición”, das que o xurado, conformado por Carlos Baliñas, Gonzalo Francisco Fernández, Fernando Arribas e Xosé Luís Vázquez, destacou a súa “excelente calidade”.
Investigación humanística en galego A Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, colabora con este premio para favorecer a investigación en galego sobre a arte, a antropoloxía, a lingua ou a etnografía de Galicia a través de estudos que permiten afondar no coñecemento e tamén no recoñecemento dos valores materiais e inmateriais da cultura galega.
Desde a súa creación, este certame premiou traballos realizados sobre diversos ámbitos da cultura galega vinculados aos territorios que no século VI se constituíron baixo o Condado de Pallares e que hoxe abarcaría Taboada, Guntín, Portomarín, Chantada e Carballedo.
Os municipios lucenses de Guntín, Taboada e Chantada; a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e mais Afundación colaboran na realización deste certame de investigación, que conta cunha dotación económica de 3.000 euros e que inclúe a publicación do traballo gañador.
Enviado por admin el jueves, 07 de enero a las 21:07:35 (1592 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0)
A busca do tesouro polo patrimonio da humanidade. Apúntate!!!!
Enviado por admin el viernes, 18 de diciembre a las 09:51:38 (1524 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 1)
Javier Gómez e Mar Neira gañadores do IX Premio Condado de Pallares
Javier Gómez Vila e María del Mar Neira González recibiron esta tarde o premio do IX Certame de Investigación Condado de Pallares pola obra ‘A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares’. O traballo foi galardoado na novena edición desta iniciativa impulsada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, que promove a investigación humanística en galego, arredor de ámbitos como a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, o folclore ou a lingüística.
A Casa de Cultura de Guntín acolleu o día 11 de Decembro o acto de entrega, durante o que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, felicitou os autores da obra por “un traballo que os fai merecedores dun destacado galardón da nosa terra no ámbito da investigación” e que “contribúe co estudo e a posta en valor dun legado patrimonial tan valioso como a cultura castrexa e galaico romana”. “Igualmente –dixo– son contribucións importantes as numerosas obras que concorreron ao premio nesta edición”, das que o xurado, conformado por Carlos Baliñas, Gonzalo Francisco Fernández, Fernando Arribas e Xosé Luís Vázquez, destacou a súa “excelente calidade”.
Investigación humanística en galego
A Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, colabora con este premio para favorecer a investigación en galego sobre a arte, a antropoloxía, a lingua ou a etnografía de Galicia a través de estudos que permiten afondar no coñecemento e tamén no recoñecemento dos valores materiais e inmateriais da cultura galega.
Desde a súa creación, este certame premiou traballos realizados sobre diversos ámbitos da cultura galega vinculados aos territorios que no século VI se constituíron baixo o Condado de Pallares e que hoxe abarcaría Taboada, Guntín, Portomarín, Chantada e Carballedo.
Os municipios lucenses de Guntín, Taboada e Chantada; a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e mais Afundación colaboran na realización deste certame de investigación, que conta cunha dotación económica de 3.000 euros e que inclúe a publicación do traballo gañador.
O estudo, segundo explica Javier Gómez, é froito dun traballo de varios anos, durantes os cales os autores visitaron a maioría dos xacementos arqueolóxicos dos mencionados períodos históricos que están rexistrados nestes cinco municipios. «Algúns destes lugares foron moi difíciles de encontrar e outros son hoxe inaccesibles, porque están ocultos pola vexetación», explica o profesor e historiador. Os investigadores tamén examinaron as pezas arqueolóxicas procedentes destes xacementos que están depositadas en museos, principalmente no provincial. O proxecto comprendeu ademais a revisión de toda bibliografía existente sobre este vasto patrimonio.
Un dos eixos principais do traballo de Gómez e Neira, por outro lado, está conformado pola existencia de tres importantes vías romanasque atravesan o territorio do antigo condado de Pallares. Unha delas é a que unía Lugo co campamento romano de Aquis Querquennis, no municipio ourensán de Bande. Outra delas é unha vía transversal que unía os territorios de Monforte e Chantada e que se corresponde coCamiño de Inverno. A importancia desta ruta, segundo os autores, «nunca se viu correspondida polo trato que as fontes documentais lle dispensaron». A terceira vía é a chamada XIX, que pasa por Guntín e coincide en parte co Camiño Primitivo.
Unha web para popularizar os resultados da investigación
A entidades que convocan o premio Condado da Pallares -a asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, os concellos de Chantada, Taboada e Guntín, a Deputación e Abanca- garanten a publicación de todos os estudos premiados. Pero os interesados no traballo de Gómez e Neira -que ocupa cerca de catrocentas páxinas- non terán que esperar ata a publicación do libro para coñecer o seu contido. Nunha iniciativa aínda pouco común nesta clase de estudos, os autores crearon unha páxina de Internet que xa está dispoñible e que se dedica a divulgar os principais aspectos da investigación. A web pode encontrarse no enderezo www.condadodepallares.arqueogalicia.com. «Pareceunos moi importante poñer esta información ao alcance do público e xeral e pensamos que pode ter moito interese para os veciños destes municipios e para os turistas», di Gómez.
A páxina web está dividida en varias seccións que se ocupan respectivamente dos recintos castrexos, os asentamentos romanos, as antigas vías de comunicación e as inscricións da época romana que se conservan neste territorio. Un mapa coa localización de todos os xacementos arqueolóxicos completa os contidos da páxina.
Traballos anteriores
Javier Gómez publicou anteriormente un estudo sobre a epigrafía romana de Lugo e outro sobre as vías romanas existentes na provincia. Mar Neira é especialista en economía e ocupouse principalmente dos aspectos estatísticos e demográficos da investigación
Un territorio con 68 castros e valiosos rastros da romanización
O estudo de Javier Gómez e Mar Neira cataloga un total de 95 castros, dos que 68 están situados nos municipios da comarca chantadina. Entre os de maior interese, segundo indica o historiador, está o deCastromaior, en Portomarín, que está sendo obxecto de escavacións arqueolóxicas desde hai anos. Gómez tamén considera de especial interese o lugar de Castro Candaz, en Chantada, que habitualmente está oculto polas augas do encoro de Belesar. «É seguro que alí debeu haber un asentamento castrexo, aínda que na superficie non puidemos detectar ningún rastro material desa época, porque o terreo foi moi alterado pola viticultura e por unha especie de fortaleza que se construíu na Idade Media», indica Gómez.
Por outra parte, os autores do estudo cren que un lugar de especial interese para realizar escavacións arqueolóxicas é o antigo asentamento romano de Quintá de Agrade, en Chantada. As fontes históricas dan o nome de Aqua Quintina a este lugar, que se encontra nun punto onde se cruzaban as dúas vías romanas que pasaban por este territorio.
Enviado por admin el sbado, 12 de diciembre a las 11:17:16 (1671 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 1.66)
Paseo polo Camiño Primitivo con Javier Gómez
O Concello de Lugo ven de poñer en marcha unha serie de visitas guiadas por Javier Gómez para coñecer a riqueza cultural e patrimonial de Lugo e que estarán operativas ata o vindeiro 26 de setembro tódolos venres e sábados ás 18:30. Seguindo o Camiño Primitivo, turistas e visitantes chegados de toda España descobren estes días a riqueza cultural e patrimonial de Lugo. Ademais da ruta xacobea, a muralla e a catedral lucense son tamén paradas obrigadas nas visitas guiadas que nos descobren a historia milenaria da cidade.
O centro de interpretación do Camiño Primitivo é o punto de partida dos 37 romeiros, lucenses e visitantes que esta tarde queren descubrir a historia da primeria peregrinación que se fixo á tumba do Apóstolo Santiago. "Tiña gañas de coñecer Lugo pola muralla e vela in situ e non só na tele e nas fotos". "Interesábanos coñecer esta zona máis en profundidade", aseguran dúas das asitentes a esta visitas guiadas.
Seguindo os pasos de Alfonso II no ano 813, a visita continúa polo burgo vello da cidade das murallas ata a praza de Santa María para adentrarse na catedral. A gran descoñecida para moitos malia ser recentemente declarada Ben da Humanidade. "Chama moito a atención o interior da catedral así como as anécdotas, restauracións e particularidades que lles contamos da cidade, como unha fonte que bota viño", asegura o guía que dirixe o grupo nesta ocasión.
Chegados de Asturias, Madrid, ou Caracas, tamén son moitos os lucenses que se suman a esta ruta de pouco máis de dúas horas pola cidade e que non deixa indiferente a ninguén. "Pareceume moi interesante saber que existe dende hai tanto tempo, que teña tanta historia e que sigan conservando a muralla dende hai tantos séculos", afirma un dos romeiros. "Incluso para os lucenses chama a atención porque descoñecen certas particularidades da cidade, como o templo de Mitra", asegura Javier Gómez.
Enviado por admin el lunes, 31 de agosto a las 09:55:21 (2157 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0)
98 Noticias en Total (20 Páginas, 5 Noticias por Página)