| Sentencias |
Un caballero se avergenza de que sus palabras sean mejores que sus hechos. - Miguel de Cervantes
|
|
|
 |
Cultura promove unha nova escavación no campamento romano de Cidadela |
 |
 O campamento romano da Cidadela, no concello coruñés de Sobrado, volverá ser escavado e investigado. A Consellaría de Cultura e Deporte investirá este ano 50.000 euros nestes traballos, que realizará un equipo do Departamento de Historia I dirixido polo profesor Manuel Camaño Gesto. A actuación será o resultado dun convenio asinado entre a Consellaría e a Universidade de Santiago.
Os traballo de escavación realizaranse en catro puntos do perímetro do campamento. Está previsto que se execute a finais do verán e principios do outono. Mediante o convenio subscrito coa Universidade realízase unha nova fase da investigación iniciada xa en anos anteriores, ao tempo que se promove o seu aproveitamento formativo para estudantes e licenciados.
O xacemento romano da Cidadela é un dos máis destacados da súa tipoloxía en Galiza. Trátase dun campamento militar que se mantivo activo dos séculos II ao IV. A súa misión era vixiar o tráfico mercantil entre A Coruña e Lugo. O recinto da muralla está reforzado polo foxo e por diversos puntos de vixilancia, dispersos pola zona, algún deles mesmo sobre un túmulo megalítico. Ademais do cuartel xeral e outras edificacións, atopouse un lugar de culto dedicado á deusa Fortuna.
Na etapa xermánica foi recuperado o uso do recinto con finalidade monacal. Desta época atopáronse restos dunha igrexa, e preto do lugar deuse cunha necrópole. O xacemento é propiedade da Xunta de Galicia.
Convenios coas universidades
Este convenio coa Universidade de Santiago de Compostela forma parte dunha serie de acordos de colaboración para o ano 2008 que estableceu a Consellaría de Cultura e Deporte con universidades galegas. O obxectivo é realizar ao longo deste ano diversos proxectos que teñen como denominador común o estudo e divulgación do patrimonio cultural nas súas diferentes manifestacións.
En total, asináronse convenios por valor de 413.000 euros. Asináronse sete convenios coa Universidade de Santiago por 234.000 euros, dous coa Universidade da Coruña por 117.000 euros, un coa Universidade de Vigo por 40.000 euros, e outro co Centro Asociado da UNED da Coruña por 22.000 euros.
Moitas destas actuacións teñen carácter arqueolóxico. É o caso da investigación no campamento romano de Cidadela, e tamén do estudo dos materiais do xacemento de Castrovite, na Estrada, cun investimento de 30.000 euros, e das análises paloambientais e arqueométricas do rexistro arqueolóxico do xacemento do Areal, en Vigo, no que Cultura inviste 38.000 euros. Ademais destes proxectos desenvolvidos coa Universidade de Santiago, asinouse outro convenio coa Universidade de Vigo para realizar novas prospeccións xeofísicas subacuáticas na bahía de Rande, cun investimento de 40.000 euros.
|
Enviado por javier el viernes, 20 de junio a las 17:54:58 (9 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0) |
|
|
 |
A Coruña acolle un simposio sobre a Torre de Hércules e faros romanos |
 |
 Os días 2 e 3 de xuño reuniranse na Coruña expertos internacionais en historia antiga, arqueoloxía e patrimonio cultural. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, inaugurará o luns ás 9:30 horas o simposio "A Torre de Hércules. Finis Terrae Lux. Os faros romanos e a navegación occidental na Antigüidade", que se celebrará no Museo de Belas Artes, e que terá a Torre como principal protagonista.
Esta reunión científica quere converterse nunha referencia internacional nos coñecementos sobre os faros romanos e navegación antiga occidental. O obxectivo é que na Coruña se poñan en común os coñecementos máis actualizados sobre este tema desde o punto de vista da Arqueoloxía, a Arquitectura, a Historia e outras disciplinas.
Promoción da candidatura á Unesco
O simposio servirá tamén para dar a coñecer novos datos e aproximacións ao faro coruñés, e para explicar o contido do extenso dossier, iniciado no seu día polo Instituto Torre de Hércules e elaborado logo polos servizos técnicos da Consellería para ser remitido ao Ministerio de Cultura e á UNESCO. A Consellaría de Cultura de Deporte quere que este evento contribúa a apoiar de xeito decisivo a candidatura para a declaración de patrimonio da humanidade para a Torre, tendo que conta que nel se porá de manifesto, de xeito científico, a relevancia histórica deste faro, o único romano que permanece en activo.
Este simposio encádrase, pois, nas actividades de promoción da candidatura da Torre de Hércules para ser declarada Patrimonio da Humanidade. A Consellaría de Cultura e Deporte conseguiu que fose unha das dúas candidaturas elixidas polo Estado para presentar perante a UNESCO, organismo que xa aceptou formalmente a candidatura e que resolverá a mediados do ano 2009 sobre a súa inclusión na lista do patrimonio mundial.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Museo de Belas Artes da Coruña, r/ Zalaeta, s/n. A Coruña SECRETARÍA e SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Galevents S.L. Entrada libre ata completar aforo.
Fai click AQUI para acceder a páxina web do simposio. Si desexas coñecer o programa e as conferencias fai click en leer más
|
|
|
 |
Noticias da Consellería de Cultura |
 |
 Cultura achega 920.000 euros ás asociacións para actividades culturais e de recuperación da memoria histórica [14/05/08] A Consellaría de Cultura e Deporte apoia as programacións culturais propias das asociacións, fundacións e institucións culturais do país. O DOG de hoxe publica tres convocatorias: dúas delas para actividades culturais de entidades de diferentes ámbitos xeográficos, e a outra para a realización de actividades de recuperación da memoria histórica. En total, Cultura achega 920.000 euros ás asociacións.
Cultura achega 500.000 euros ás asociacións e entidades culturais para o equipamento e mellora dos seus locais [09/05/08] A Consellaría de Cultura e Deporte subvencionará a mellora dos locais e o equipamento do que dispoñen as asociacións, fundacións e entidades culturais do país. Con ese fin publícase hoxe no DOG unha liña de axudas cun orzamento de 500.000 euros. Os interesados teñen un prazo de un mes a partir de mañá para solicitalas.
Cultura e a Universidade de Santiago elaborarán un mapa de risco das pinturas murais da Ribeira Sacra [07/05/08] A Consellaría de Cultura asinará en breve dous convenios coa Universidade de Santiago. Un deles permitirá elaborar un mapa de risco das pinturas murais da Ribeira Sacra, e servirá para establecer criterios de análise e intervención nestas pinturas, que logo funcionarán como modelo de actuación para toda Galiza. O outro proxecto ten por obxecto continuar co estudo e difusión das "Actas das Xuntas do Reino de Galicia". Cultura investirá 50.858 e 102.750 euros respectivamente nestes proxectos. O Consello da Xunta aprobará mañá a sinatura dos dous convenios.
A Consellaría de Cultura e a Universidade da Coruña medirán e debuxarán os planos das máis de 350 fortalezas de Galiza [06/05/08] A Consellaría de Cultura e a Universidade da Coruña asinarán un convenio para realizar a definición gráfica e planimétrica de todas as fortalezas de Galiza. Os máis de 350 exemplos de arquitectura militar e defensiva do país contarán con definición gráfica e planimétrica, o que permitirá coñecer en profundidade estas construcións, e facilitará á Dirección Xeral de Patrimonio valorar próximas actuacións e cuantificar as necesidades de intervención.
Cultura achegará 400.000 euros aos concellos para a organización de actividades culturais [06/05/08] A Consellaría de Cultura e Deporte apoia as programacións culturais popias dos concellos de menos de 50.000 habitantes cunha liña de subvencións. Cultura achegará 400.000 para a realización de actividades, principalmente nos eidos da música e as artes escénicas, o fomento da lectura e a recuperación da memoria histórica.
Cultura e a Universidade da Coruña rematarán en 2009 o inventario completo dos cruceiros, cruces e petos de ánima de Galiza [21/05/08] A Consellaría de Cultura e Deporte e a Universidade da Coruña rematarán no outono de 2009 o inventario completo dos cruceiros,...
A Consellaría de Cultura e a Universidade de Santiago farán análises do xacemento arqueolóxico do Areal en Vigo [21/05/08] A Consellaría de Cultura e Deporte e a Universidade de Santiago continuarán este ano e o vindeiro co proxecto de análises...
|
Enviado por javier el sbado, 17 de mayo a las 10:44:42 (26 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0) |
|
|
 |
Hallados nuevos restos de la vía romana XIX-XX en O Corgo |
 |
 Gracias a la colaboración de Mario Otero de la Asociación Cultural Arumes y a vecinos de la zona fue posible localizar importantes restos de la vía romana XIX-XX en la localidad de Campelo.
Se trata de un majestuoso lombo de unos 100 m de logitud y 1,5 de altura que circunda Campelo por su parte norte atravesando un pequeño bosque. El lombo se encuentra en muy buen estado pudiendo circular perfectamente por su parte superior pero, al estar cubierto de maleza y tierra, no se puede apreciar la estructura de la caja de vía.
El hallazgo de este tipo de estructuras pone de manifiesto la importancia de esta vía que servía de unión entre las dos capitales conventuales de Lucus Augusti y Asturica Agusta y que muy posiblemente fuese construida por el propio emperador Augusto ya durante las Guerras Cántabras (29-19 a.c.).
El hallazgo de este tipo de estructuras es muy típico de otras zonas como por ejemplo en la vía de la Plata, en toda la zona castellana y también en la vía XVIII. Sin embargo, en la zona norte de Gallaecia son muy escasos por lo que este de Campelo creo sin duda que es el mejor ejemplar de toda esta zona.
Al limpiarlo de la maleza que lo cubre deberíamos hallar la caja de vía romana, probablemente el relleno interior a base de tierra apelmazada y piedras.
Este tipo de estructuras se utilizaban para levantar la vía del suelo y así facilitar su drenaje y en zonas pantanosas impedir que la cubriesen las aguas.
|
|
|
|
18 Noticias en Total (4 Páginas, 5 Noticias por Página)
|
|
|
|
|
|
| Biblioteca Virtual |
|

No
cabe duda que una gran parte del tiempo que un investigador dedica a un proyecto
lo emplea en recopilar la información. Información que en múltiples ocasiones se
halla diseminada en un buen número de publicaciones, bibliotecas y archivos en
muchos de casos de difícil acceso. Creemos que las nuevas tecnologías pueden
facilitar esta tediosa labor ofreciendo un espacio donde se recopile toda esta
información para que los investigadores o el público en general pueda
consultarla de una manera rápida, asequible y cómoda. La creación de esta
Biblioteca Virtual de Autor puede ser un comienzo y esperamos que contribuya
tanto a difundir los resultados de nuestros trabajos como a favorecer la labor
de los investigadores en estas materias.
|
|
|